Menú Desplegable
Biografía: |
Nacido en Gondomar destacou na escultura apuntando maneiras coa plastilina xa desde neno. Anos mais tarde fixose artesan dandolle voltas a madeira cun torno, para logo estudar carpintería e artes aplicadas o deseño e escultura na escola de artes Pablo Picasso da Coruña.
Participou en varias exposicions colectivas desde o ano 2000 no concello de NIgran co colectivo Obatola, no parque Europa e no conservatorio de música da Coruña, no concello de Gondomar e tui. Co colectivo indeterminados no centro cultural da Guarda asi como tamen participando en feiras organizadas polo colectivo Amandoval da que foi membro varios anos. Desde o ano 2006 realiza tamen exposicions individuais , nos locais Art café e Mador arte da Guarda, Casa Rivera de Baiona, na festa do queixo en Arzua, festa do viño do condado en Salvaterra e concello do Rosal.Tamen en salas municipais como a do concello de Tui coa obra "Auga, expresions Abstractas" obra que serviu de referente educacional para colexios da zona.Na casa da Anta en Lovelhe (Portugal), Na festa do camiño de Vila Nova De Cerveira (Portugal) e nas salas municipais e centros cívicos de Vigo. |
Fecha de Participación: | 12 Dic 2016 |